Son Sara Iglesias, ilustradora.
Especialízome na creación de historias e imaxes que tratan diversos temas de actualidade. Nelas cobran forza tanto os personaxes femininos como a natureza.
Ademais, os problemas ambientais están moi presentes no meu traballo. Hai tempo creei unha nena máxica, Xoana, que se pode coñecer a través das miñas ilustracións.
En maio de 2017 fixen unha miscelánea de obras sobre Xoana na Casa Museo María Pita.
En febreiro de 2020 presentei “Involución”, unha serie de ilustracións que nos fan reflexionar sobre as accións humanas cara ao planeta Terra.
En 2022, publiquei o meu primeiro álbum ilustrado «Balbina», unha adaptación dunha historia que viviu a miña avoa.
Actualmente, colaboro en varios proxectos docentes en diversos centros educativos.
Agora convídovos a viaxar polo mundo de Dipladenia do vento, onde todo é posible…
E lembra… «Deixa voar a túa imaxinación, dende as nubes vese todo diferente».
Dipladenia do Vento